Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Compensación das Desigualdades na Educación
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, en especial daquelas que posúen un alto grao de innovación . Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica . Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional. Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade. Relacionar os contidos do máster coa experiencia persoal e con situacións educativas reais. Promover unha actitude positiva cara as ideas e as prácticas educativas innovadoras relacionadas coa diversidade. Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade. Adquirir as habilidades básicas para o debate e a exposición de ideas fundamentadas. Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de opinións.
saber
saber facer
Saber estar / ser
A3
A5
A6
A7
A13
B3
B5
Delimitar o ámbito de actuación da educación compensatoria e os recursos comunitarios dispoñibles para ese efecto. -Analizar situacións de desvantaxe sociocultural de determinadas minorías - Planificar condicións de educación compensatoria e educación preventiva a partir de plans, programas, proxectos e casos expostos. -Relacionar os contidos do máster asimilados na materia coa experiencia persoal e con situacións educativas reais. -Deseñar estratexias de aprendizaxe cooperativa en grupo como instrumento para reducir estereotipos, prexuízos e como medio para compensar desigualdades sociais que existan no ámbito educativo.
saber
saber facer
Saber estar / ser
A1
A3
A5
A10
A13
B3
B5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000