Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Ámbitos Escolares
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Comprender os principios básicos do multilingüismo.
saber
A1
2.a. Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar ca diversidade lingüística e cultural. 2.b. Deseñar programas e/ou actividades e materiais de uso escolar para favorecer a normalización da convivencia de diferentes culturas.
saber facer
A2
3. Adquirir instrumentos conceptuais e metodolóxicos que faciliten a análise e reflexión sobre as prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade lingüística e cultural.
saber facer
A3
4. Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade lingüística.
saber facer
A5
5.a. Coñecer os diferentes enfoques teóricos sobre a convivencia intercultural. 5.b. Analizar lexislación, plans e/ou programas de inclusión social relacionados cos inmigrantes e ciganos no ámbito educativo formal.
saber
A6
6.a. Analizar e valorar prácticas educativas innovadoras relacionadas coa normalización da convivencia no ámbito escolar. 6.b. Desenvolver competencias profesionais interculturais. 6.c. Analizar perfís profesionais actuais e emerxentes relacionados coa diversidade cultural, en especial coa figura do mediador intercultural.
saber facer
Saber estar / ser
A13
7.a. Utilizar as novas tecnoloxías como ferramenta de coñecemento e comunicación intercultural. 7.b. Tomar conciencia da importancia do inglés como ferramenta para comprender unha porcentaxe moi alta de información que se atopa na rede, así como do seu uso práctico e comunicativo no século XXI. 7.c. Utilizar Internet como fonte de recursos de investigación. 7.d. Utilizar Internet como vehículo de comunicación, entendemento e cooperación. 7.e. Utilizar Internet como fonte de recursos de aprendizaxe e para creación de material propio.
saber facer
Saber estar / ser
A6
B1
9.a. Levar a cabo traballos tutelados relacionados coa materia, empregando metodoloxías que favorezan o traballo autónomo e tamén colaborativo. 9.b. Desenvolver a capacidade autónoma de investigación.
saber facer
A8
B2
10.a. Fomentar o traballo en equipo, potenciando relacións entre alumnos. 10.b. Estimular o desenvolvemento cognitivo de alumnos con diferentes capacidades, intereses, actitudes e procedencias.
Saber estar / ser
B5
11. Ser capaz de valorar positivamente os sistemas culturais minoritarios, apoiando tanto o seu desenvolvemento como comunidade, como os procesos de aprendizaxe cooperativa en contextos de convivencia.
Saber estar / ser
A12
B3
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000