Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Interculturalismo en Ámbitos Socio-educativos
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Reforzar a capacidade de saber aplicar os coñecementos adquiridos á resolución de problemas en contextos amplos e interdisciplinarios mediante, entre outras metodoloxías, estratexias de aprendizaxe cooperativa e de aprendizaxe baseada en problemas/casos/proxectos
saber facer
A2
B5
Desenvolver representacións e actitudes positivas cara as diferentes linguas e culturas
Saber estar / ser
A13
B3
Analizar e avaliar os diferentes modelos de xestión da diversidade lingüística e cultural
saber facer
A3
Promover movementos, asociacións e entidades de educación no ocio e no tempo libre que estimulen a presenza e a participación de crianzas, mozos e mozas inmigrantes e retornados para codefinir e coconstruir un mundo de todos desde o diálogo libre de imposicións
saber facer
Saber estar / ser
A7
A13
B2
Deseñar programas e/ou actividades e materiais de uso por asociacións de atención a colectivos culturalmente diversos, para favorecer a normalización da convivencia de diferentes culturas
saber facer
A2
A3
Analizar e valorar prácticas educativas innovadoras relacionadas coa normalización da convivencia no ámbito local
saber facer
Saber estar / ser
A13
Identificar os servizos socio-comunitarios e as súas actividades profesionais que se ofrecen a inmigrantes individual ou colectivamente
saber facer
A7
Levar a cabo actividades de planificación e avaliación de iniciativas interculturais, empregando metodoloxías que favorezan o traballo colaborativo entre alumnado, profesionais e con asociacións de inmigrantes
saber facer
A2
A8
B3
B5
Ser capaz de valorar positivamente os sistemas culturais minoritarios, incluído o propio que, paradóxicamente, se pode considerar minoritario no propio territorio, por baixa autoestima e carencia dunha política de posta en valor dos valores culturais galegos e os relacionados coas colectividades xeográficamente próximas
Saber estar / ser
A9
A12
B3
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos xeográficos ó seu traballo no campo do interculturalismo
saber facer
A3
Proporcionar os recursos necesarios para potenciar a súa capacidade reflexiva e para adoptar unha actitude responsábel, respectuosa e cooperativa no traballo con persoas e grupos de inmigrantes
Saber estar / ser
A9
B3
Coñecer os diferentes enfoques teóricos e análises da realidade da convivencia entre colectivos con diferenzas lingüísticas e culturais
saber
A1
Reflexionar sobre os contributos a Psicoloxía Social pode ofrecer como ferramenta explicativa á hora de dar conta dos procesos que rixen a conduta interpersoal e intergrupal
saber
A1
Contribuír á educación intercultural profundizando no coñecemento dos fenómenos subxacentes ao desenvolvemento de prexuízos e de actitudes e comportamentos discriminativos fronte ás persoas diferentes
Saber estar / ser
A12
B3
Lograr competencias para manexar eficazmente os conflitos intergrupais xurdidos no ámbito da multiculturalidade e para promover actitudes cooperativas previndo e/ou reducindo os prexuízos
saber facer
B5
Saber interpretar críticamente os mecanismos (latentes ou manifestos, conscientes ou inconscientes) mediante os que a cultura ou os colectivos dominantes continúan a manter minorizados a grupos lingüísticos, étnicos, socioculturais...
saber facer
A9
A12
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000