Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos
 Materias
  Dificultades de Aprendizaxe e Estratexias Cognitivas
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Valoración da participación activa do estudante na discusión de documentos científicos, casos ou outros materiais relacionados coa materia 20
Traballos e proxectos Elaboración e presentación oral e escrita dun tema relacionado cos contidos do módulo 40
Informes/memorias de prácticas Procura e análise de artigos científicos ou casos. Coñecemento e valoración crítica de sistemas de avaliación e intervención 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario que os estudantes obteñan en
cada proba ou actividade obxecto de avaliación como mínimo o 50% da
cualificación nese apartado

Aqueles estudantes que non superen
algunha das probas ou actividades poderán presentarse á avaliación do
primeiro cuadrimestre, que se celebrará no período oficial establecido,
acorde ao programa da materia.

Haberá unha segunda convocatoria
no mes de xullo na que se avaliarán as competencias non adquiridas polo
estudante durante o curso académico.

As datas  oficiais das probas de avaliación poden consultarse no Espacio Común Alumnado do Máster en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos

http://faitic.uvigo.es/


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000