Educational guide 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos
 Materias
  Dificultades de Aprendizaxe e Intervención Baseada nos Procesos de Atención e Planificación
   Competencias
Código Descrición
CB1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
CB5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
CG1 Comprender a aplicabilidad do coñecemento empírico para a investigación nas dificultades de aprendizaxe
CG2 Analizar e sintetizar estudos experimentais que permitan avaliar dende unha perspectiva científica e aplicada o coñecemento no ámbito das dificultades de aprendizaxe.
CG3 Habilidades para a transmisión do coñecemento científico e de conclusións, tanto á comunidade científica como á sociedade en xeral
CG4 Xestionar mediante grupos altamente especializados a información e a comunicación con fins de investigación e difusión.
CG5 Promover a investigación e desenvolver instrumentos e procedementos que sexan sensibles ao recoñecemento das diferenzas entre mulleres e homes, procedencia e funcionalidade, ao tempo que potencien o enriquecemento humano dos equipos e das persoas sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidade para todos, incluíndo os valores democráticos da sociedade europea actual, o fomento da cultura da paz e a protección ambiental.
CE1 Comprender a natureza cognitiva e neurolóxica dos procesos cognitivos de Planificación, Atención e Codificación e a súa relación coas dificultades de aprendizaxe
CE2 Avaliar as condicións experimentais de investigación nos procesos cognitivos
CE3 Deseñar e avaliar a eficacia de programas de intervención en alumnos e alumnas con dificultade de aprendizaxe (DA)
CE4 Transmitir o coñecemento derivado da investigación dentro do grupo de xeito que permita xerar novas aplicacións e resolver problemas orixinados polas DA
CE5 Elaborar documentos científicos e informes para a difusión dos traballos realizados polos alumnos e alumnas tanto a nivel académico, como divulgativo e segundo os formatos esixidos en cada contexto
CE6 Traballar en grupos a elaboración de documentos para a súa difusión científica e divulgativa, reunindo nunha síntese de coñecementos a achega de cada estudante, así como un avance de conxunto para posteriores estudos
CT1 Transmitir con eficacia o coñecemento obtido, de forma oral e escrita, utilizando os recursos persoais e apoiándose nas tecnoloxías da información e a comunicación
CT2 Deseñar proxectos de forma autónoma
CT3 Traballar en grupo e desenvolver actitudes de participación e colaboración.
CT4 Propoñer iniciativas e adaptarse a situacións diversas con flexibilidade
CT5 Xerar propostas innovadoras e competitivas na investigación
CT6 Actuar con coherencia, responsabilidade e rigor, mantendo un compromiso ético
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000