Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e mediación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Comprensión do desenvolvemento da materia na parte teórica e práctica. 0
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. 0
Estudo de casos/análises de situacións Simulación de casos, resolución de casos prácticos, rol-playing, análise de situacións-problema ou posicionamento e resolución ante o conflicto.Profundizarase nos modelos/estratexias de intervención e na metodoloxía. Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnose e adestramento en procedementos alternativos de solución. 10
Presentacións/exposicións Traballo persoal do estudantado. Exposición por parte do alumnado ante a docente e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado.Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos. 20
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. Convite a profesionais externos ou ponentes de prestixio que permiten completar os contidos da materia e unha aproximación á praxe profesional cotiá. 0
Traballos tutelados En pequeno grupo, o alumnado elabora un documento-traballo sobre un dos aspectos da materia, preferentemente sobre un dos ámbitos da mediación no traballo social. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...Asesoramento por parte da profesora na aula e en titorías grupais.
Traballo en grupo. Titorías grupais: supervisión de traballos.
30
Probas de tipo test Proba escrita de carácter individual que avalía contidos de varias metodoloxías e se encarga dos elementos conceptuais da materia. As preguntas poderán ser tipo test con dúas alternativas de resposta ou pregunta corta. Dita proba cualificarase de igual xeito para asistenciais e non asistenciais.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final expresarase nunha escala
de 0 a 10
segundo a normativa vixente. Será necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das partes avaliables para poder facer media.

Como se pode observar,  a
planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe concibese como unha avaliación continua. Será considerado alumno/a asistencial cando teña unha
asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais, un 80% aos seminarios e
un 80% aos pequenos grupos.

Existirá unha modalidade de avaliación para
estudantes non asistentes.Aqueles estudantes que opten por non asistir a
clases, ou non podan, ou pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan menos
da asistencia requerida para ser considerados como tal, terán que
demostrar -igualmente que seus compañeiros/as- a adquisición das diferentes
competencias da materia. Esto o farán  mediante a presentación dun
proxecto individual de intervención en mediación onde se reflexen os
coñecementos e destrezas aprehendidas, será entregado a maiores de todo aquelo que se lle solicite ao conxunto do alumnado mediante a avaliación contínua e que figura neste apartado de metodoloxías de avaliación. Dito traballo será obrigatorio e cualificarase como apto ou non apto.

Na convocatoria de xullo o alumnado avaliará as competencias e probas non superadas na convocatoria anterior. Nesta convocatoria de xullo o estudantado non asistente terá que repetir
novamente o exame completo. Non se gurdarán notas de ningunha parte da
materia -teoría ou práctica- para o seguinte curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000