Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e mediación
   Contidos
Tema Subtema
T1. Reseña histórica da Mediación Social. Aproximación conceptual á Mediación social. Aproximación á Mediación dende o Traballo Social. Aspectos introductorios, antecedentes. Legislación en mediación social. Historia da mediación no contexto do traballo social. Por qué, cómo e para qué mediamos os e as traballadores/as sociais?. Objetivos, ventajas e inconvenientes de la mediación social.
T2. A Mediación no Traballo Social como novo ámbito profesional. Deontoloxía social. Fases e ciclo da Mediación. O Papel do Colexio profesional de Traballo Social como punto de mediación. Aspectos relacionais Traballo Social e Mediación. Código deontolóxico do TS aprobado pola Asamblea Xeral do CGTS e códigos deontolóxicos da Mediación. Ética da mediación: Límites da mediación.Rexistro de mediadores/as e Institucións de Mediación. O papel do Colexio Oficial de Traballo Social como punto de mediación.
T3. Aproximación conceptual á Mediación dende o Traballo Social. A resolución dos conflictos dende a Mediación social. Definición, aspectos positivos e negativos. O proceso do conflicto. Métodos alternativos de resolución (ADR: Alternative Dispute Resoluciones): Arbitraxe, conciliación, negociación e mediación. Resolución intraxudicial e extraxudicial. Mediación e intervención psicosocial dende o traballo social. Similitudes e diferencias. Conceptos básicos. O conflicto. Introdución e presentación: Qué é o conflicto?. Características do conflicto. Tipos de conflicto segundo C.Moore. O Ciclo do Conflicto. Métodos adversarias e non adversariais de resolución do conflicto.
Principais diferencias entre a Mediación e outras formas de resolución: a arbitraxe, a conciliación e a negociación. O traballador/a social como mediador/a: funcións, rol, perfil profesional.
T4. O Traballo Social nos distintos ámbitos da Mediación: Mediación familiar, mediación escolar, mediación comunitaria, mediación intercultural, mediación sanitaria, mediación organizacional, mediación laboral, mediación penal, mediación civil e mercantil. O proceso de Mediación nos distintos ámbitos de intervención. Plantexamentos, obxectivos e metodoloxía.
Elaboración dos exercicios en grupo por parte do alumnado e presentación na aula dos ámbitos escollidos.
T5. O Traballo Social na Mediación Familiar. A dimensión social das familias en situación de mediación. Familias multiproblemáticas ou en situación de risco e mediación familiar. A Mediación Familiar como ámbito específico dos Servizos Sociais Comunitarios cobra especial relevancia debido ao aumento das rupturas matrimonias, separacións familiares, conflictos entre adolescentes e proxenitores, conflictos interxeracionais e aos novos modelos de familia que esixen respostas cada vez máis cualificadas e competencias básicas na intervención mediadora.
Os Límites da mediación: A Violencia familiar e a violencia de xénero.
Marco normativo actual: Lei 4/2001 do 31 de maio reguladora da Mediación Familiar. Decreto 159/2003 do 31 de xaneiro polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de mediadores familiares e o recoñecemento da mediación gratuita.
Intervención a través da mediación familiar en familias multiproblemáticas ou en situación de crise.
Simulación de casos, resolución de casos prácticos e Rol-playing.
T6. Mediación comunitaria VS Traballo social comunitario. Competencias e habilidades do/a mediador/a. Competencias comúns do/a mediador/a e o/ traballador/a social. Dimensións e desafíos da Mediación comunitaria. Relación co Traballo Social comunitario e a organización da comunidade. Evolución. A xestión participativa dos conflictos. Conflictos comunitarios. A necesidade da acollida. Habilidades e competencias.
T7. A Mediación social no ámbito educativo. Antecedentes da mediación escolar dende o Traballo Social. Mediación escolar. A escola como confluencia e eixo de conflictos. Interculturalidade, violencia, acoso moral, novas tecnoloxías, novas posibilidades educativas, cambios na estrutura familiar son parte da escola e nelas conflúen aspectos positivos e negativos que poden xerar conflictos que precisen dunha intervención mediadora por parte dos/as traballadores sociais.
T8. A Mediación social no ámbito penal. A mediación na intervención social con menores. Mediación penal con persoas adultas. Proceso e acordos. A LORPM 5/2000. A mediación como oportunidade. Mediación xudicial e extraxudicial con menores infractores.
Mediación penal con persoas adultas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000