Guia docente 2024_25
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e cooperación ao desenvolvemento
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte da profesora na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais.
Traballo tutelado En pequeno grupo o alumnado elabora un documento-traballo sobre un dos aspectos da materia, preferentemente sobre un dos ámbitos da cooperación para o desenvolvemento no traballo social. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, contextualización nun país en vías de desenvolvemento, redacción. Asesoramento por parte da profesora na aula e en titorías grupais. Traballo en grupo e supervisión de traballos.
Metodoloxías baseadas en investigación Traballo persoal do alumnado. Exposición por parte do alumnado ante a docente e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán ao alumnado. Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000