Educational guide 2026_27
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Sistemas de benestar social comparados
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Expoñer e defender prácticas e/ou traballos diante do resto de compañeiras/os e do profesor.

25 B5
D1
D2
D3
D4
D9
D10
D13
Prácticas con apoio das TIC Realización das actividades propostas polo profesor nas clases prácticas. 15 A1
B2
B3
C14
C21
Debate comentario sobre actualidade 20 A1
A3
Exame de preguntas obxectivas Proba consistente en responder a preguntas tipo test. 40 B1
B3
C14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

· A avaliación das/os estudantes matriculadas/os na materia farase atendendo aos criterios explicados na guía docente.

· A avaliación continua implica unha asistencia mínima a un 80% das aulas.

· A avaliación será preferentemente continua, o estudantado que renuncie á avaliación continua poderá optar pola avaliación global. Deberá comunicalo ao docente no prazo establecido.

. O atraso na presentación das prácticas pode conlevar descontó na nota de cada unha delas ou inadmisión da entregada fóra do tempo.

. A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma:

- Actividades das aulas prácticas: 15%

- Defensa das actividades en público: 25%

- Preguntas tipo test do exame: 40%

- Comentario sobre actualidade: 20%

Avaliación global:

Quen se acolla a esta modalidade de avaliación terá que presentar no mesmo prazo que os estudantes da avaliación continua as prácticas que fixe o profesor e expoñer brevemente diante del, no día que acorden profesor e alumn@, as prácticas e as lecturas.

A cualificación final da materia distribuirase da seguinte forma:

- Actividades das aulas prácticas: 15%

- Defensa ante o profesor das prácticas e das lecturas obrigatorias*: 25%

- Exame tipo test: 40%

- Comentario sobre actualidade: 20%

2ª oportunidade

As probas (parte teórica o parte práctica) superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª oportunidade, considerándose aprobadas nese curso académico. Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª oportunidade, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria extraordinaria.

MODALIDADE de AVALIACIÓN GLOBAL

As e os estudantes que decidan optar pola avaliación global, deberán poñerse en contacto co profesor para notificar esta opción a comezos de curso e sempre antes do prazo establecido.

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado non asistencial e do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

As
datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo
'datas exames” 

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza
a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser
adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que
presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

O emprego de ferramentas de IA nas actividades de avaliación desta materia deberá axustarse a un uso responsable, ético e transparente, conforme ás directrices da FETS (Normativa e formularios – Facultade de Educación e Traballo Social) e á Normativa que estableza a UVigo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000