Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Sistemas de benestar social comparados
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia e participación na sesión. Valorarase de xeito especial as intervencións do alumno/a en clase, a súa expresión oral, nivel de coñecemento adquirido e asistencia regular a clase.
<br><br>Na sesión maxistral farase unha introdución de cada un dos temas do programa ou desenvolvemento dunha parte do mesmo por parte da profesora.
5
Seminarios Asistencia, participación e entrega da documentación requirida en cada un dos seminarios programados ao longo do curso (en horario de grupo mediano). 10
Titoría en grupo Asistencia e participación nas entrevistas que o/a estudante mantén coa profesora da materia para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. 10
Presentacións/exposicións Expoñer o traballo ao resto de compañeiras/os (con medios audiovisuais).
Defender publicamente o eu traballo, é dicir, debe responder as preguntas e as críticas dos seus compañeiros e compañeiras, e da docente. Poderá explicar, a modo de conclusión, os problemas cos que se topou durante a elaboración do traballo.
5
Prácticas autónomas a través de TIC Conexión o Programa TEMA http://faitic.uvigo.es/ para a realización das actividades propostas (exercicios, foros, entrega e recepción de documentos, etc.) así como seguimento da materia en xeral. 5
Traballos e proxectos Realización e entrega por escrito do traballo a partir do guión proporcionado pola docente. 5
Probas de tipo test A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Un primeiro bloque composto por 30 preguntas tipo test. O valor deste bloque ascenderá a 4 puntos. O segundo bloque, véxase probas de resposta curta. 40
Probas de resposta curta A estrutura do exame responderá a dous bloques diferenciados. Para o primeiro bloque véxase probas de tipo test. O segundo bloque responderá a dous o tres preguntas de desenvolvemento. O valor deste bloque ascenderá a 2 puntos. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da/vos estudantes matriculadas/vos en a materia farase atendendo aos criterios explicitados nesta guía.

a) Avaliación asistentes

Esta modalidade implica:


  • Asistencia (mínimo un 80%) e participación activa (sesión maxistral e seminarios) (1.5 puntos).
  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA. http://faitic.uvigo.es (0,5 puntos).
  • Exposición dun traballo que deberán entregar por escrito (2 puntos). Entregarase documentación con pautas e prazos para realización do traballo. 
  • Realización dun exame escrito. Modelo A (6 puntos).

A/vos alumna/vos que entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso. O cumprimento e superación desta modalidade exime ao estudante de responder ás preguntas relativas á parte non asistencial no exame final do curso. As cualificación obtida no apartado práctico desta modalidade asistencial será sumada posteriormente á obtida no exame da primeira convocatoria e, no seu caso, a segunda convocatoria (*).

b) Avaliación non asistentes

Esta modalidade implica:


  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA http://faitic.uvigo.es Estableceranse prazos de entrega (1 punto) (*).
  • Realización e entrega de dous comentarios críticos sobre unha selección de lecturas (1 punto). A comezo de curso deixarase na plataforma TEMA a documentación coa relación de lecturas, así como as pautas e os prazos de entrega.
  • Realización dun exame escrito (6 puntos). Responder ás preguntas específicas sobre as lecturas no exame (2 puntos).

As e os estudantes que entreguen os traballos e exercicios fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso.

As actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria de xullo.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000