Código |
Descrición |
A1 |
Traballar e valorar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades, limitacións, dificultades, malestares e circunstancias |
A4 |
Actuar preventivamente e na resolución das situacións de risco para a cidadanía, para si mesmo/a e para os colegas de profesión |
A6 |
Demostrar competencia profesional no exercicio do traballo social |
A8 |
Interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, considerando a diversidade cultural -e polo tanto a especificidade das minorías étnicas, culturais, lingüísticas...-, a esixencia de promover a igualdade entre homes e mulleres, a necesidade de tender cara a unha sociedade ambientalmente sustentable e de defender os valores da paz |
A10 |
Responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados |
A18 |
Deseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social |
A20 |
Preparar e participar nas reunións de toma de decisións co fin de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades |
A22 |
Establecer, minimizar e administrar o risco cara a un mesmo e os colegas a través da planificación, revisión e seguimento de accións para limitar o estrés e o risco |
B1 |
Capacidade de análise e síntese |
B2 |
Capacidade de organización e planificación |
B3 |
Capacidade reflexiva |
B19 |
Adaptación a novas situacións |