Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Avaliación de programas sociais
   Competencias de titulación
Código Descrición
A2 Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, e comunidades e con outros profesionais
A4 Actuar preventivamente e na resolución das situacións de risco para a cidadanía, para si mesmo/a e para os colegas de profesión
A9 Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención
A12 Preparar, producir, implementar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os colegas profesionais negociando o fornecemento de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas co fin de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes. Considerar os deberes éticos da profesión relativos ao sistema cliente a respecto da confianza, a proximidade, a afectividade, as relacións igualitarias, o respecto á diversidade cultural, etc
A16 Analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián como soporte para revisar e mellorar as estratexias profesionais que deben dar resposta ás situacións sociais emerxentes
A18 Deseñar, implementar e avaliar proxectos de intervención social
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de organización e planificación
B3 Capacidade reflexiva
B4 Comunicación oral e escrita nas linguas nativas
B8 Capacidade de xestión da información
B12 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar
B16 Razoamento crítico
B17 Compromiso ético
B18 Aprendizaxe autónoma
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000