Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Xestión de organizacións de benestar social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Realización de traballos relacionados coa materia e a súa lexislación. Traballos tutelados na aula. 25
Probas de tipo test Probas de tipo test. Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 50
Cartafol/dossier Documento elaborado polo estudante que recompila información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Modalidade de avaliación para estudantes asistentes. Como pode observarse a planificación do proceso ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do estudantado nas actividades prácticas que se desenvolverán ao longo do curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Sendo así, esixiráselle ao alumnado a súa presenza nas actividades durante o curso -verificable con listas de asistencia- non podendo faltar a máis de 5 clases prácticas durante o cuadrimestre dun total de 22 clases prácticas (distribuídas en 15 de grupo mediano e 7 de pequeno grupo). Subliñar que non chega con asistir á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do/a estudante. O avaliable son os resultados do proceso de ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividadesben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas que supoñen, como xa se dixo, o 50 % da nota total da materia (só fará media coa teoría a partir dun 2,5).
Paran a valiacion da parte practica da modalidade asistencial,o profesor podera pedir a defensa individual ou grupal de cada una das practicas do cartafol dossier.
Quede expresamente claro que a docente non pedirá ao alumnado explicación ningunha de por que non acode á clase e, tendo en conta que a asistencia ás clases na universidade non son obrigatorias, tampouco aceptará «escusas» ou «desculpas» respecto das ausencias deste. Se o/a estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia, teráque optar pola segunda modalidade de avaliación (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamentodun familiar próximo; situacións das cales se solicitará acreditación).

 2. Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes.Aqueles/as alumnos/as que opten por non asistir ás clases prácticas, ou non poidan, ou pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan máis de cinco faltas na parte práctica da materia (grupos medianos e pequeno grupo), terán que demostrar -igualmente que os seus/súas compañeiros/as- a adquisición das diferentes competencias da materia, ou sexa, o coñecemento dos seus aspectos procedementais e actitudinais. Isto farano nunha única proba ou exame final o día da convocatoria oficial. O exame neste caso suporá o 100 % da nota do/a estudante e nel diferenciaranse as preguntas da parte teórica (as vinte que terá todo o alumnado; 50 % da nota final) daquelas da parte práctica que realizarán por primeira vez (vinte preguntas; 50 % da nota final). A parte teórica da materia pódese estudar por completo a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e demostre ter adquiridas as competencias específicas da materia. Esta parte pode estudala a través de textos existentes na biblioteca, dos apuntamentos da clase e do asesoramento da docente por vía correo electrónico se así o desexa o/a estudante.

As
actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre
poderán ser
recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións
previamente
conseguidas.


Convocatorias seguintes. Ao alumnado de modalidade asistencial, no caso de ter que concorrer á segunda convocatoria, gardaráselleas notas da parte teórica e/ou práctica aprobada (sempre que superen cun 2,5 cada unha destas partes).

Os/As estudantes non asistentes terán que repetir novamente o exame completo.

Non se gardarán notas de ningunha parte da materia , teoríca ou práctica, para o seguinte curso académico.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000