Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Xestión de organizacións de benestar social
   Competencias de titulación
Código Descrición
A5 Administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización
A6 Demostrar competencia profesional no exercicio do traballo social
A7 Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis adecuada de intervención
A20 Preparar e participar nas reunións de toma de decisións co fin de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades
A23 Administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigacións profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo
A24 Contribuír á administración de recursos e servizos colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a súa eficacia e asegurando a súa calidade
A26 Traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e «multiorganizacionais» co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de xeito construtivo os posibles puntos de vista existentes
A27 Participar na administración e dirección de entidades de benestar social
A28 Investigar, analizar, avaliar e utilizar o coñecemento actual das mellores prácticas do Traballo Social para revisar e actualizar os propios coñecementos sobre os marcos de traballo
A29 Traballar dentro de estándares acordados para o exercicio do Traballo Social e asegurar o propio desenvolvemento profesional utilizando coñecementos e técnicas profesionais como medio para xustificar decisións, reflexionando criticamente sobre as mesmas e utilizando a supervisión como medio para mellorar e avaliar o exercicio profesional
B2 Capacidade de organización e planificación
B8 Capacidade de xestión da información
B11 Traballo en e con equipos diversos
B12 Traballo en equipo de carácter interdisciplinar
B21 Liderado
B22 Iniciativa e espírito emprendedor
B23 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000