Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas (seminario, probas tipo test e proba práctica). Non poderá ser avaliado o alumnado que non cumpra coas tarefas encomendadas (en tempo e forma) para os seminarios e exercicios prácticos. Advírtese o alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rixe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial. SISTEMAS DE AVALIACIÓN 1.-ALUMNADO ASISTENCIAL: será considerado como tal aquel que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais e un 80% nos seminarios. En caso de non cumprir con este requisito serán avaliados como o alumnado non asistencial. As probas e puntuacións son as que constan nas metodoloxías de avaliación, e deben estar aprobadas cada unha por independente para poder superar a asignatura. 2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL: aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ás clases (maxistral e seminario). Este alumnado será avaliado deste xeito, deberá superar as mismas competencias que o alumnado asistencia nunha única proba final, que constará de varias partes independentes. O ser unha proba única o alumnado que non supere a primeira, é decir, o examen tipo test, non poderá presentarse a proba práctica. As probas a realizar son as seguintes (ao igual que os asistentes deberán aprobar por independente cada unha das probas abaixo explicitadas): a.-Examen final na convocatoria oficial tipo test de 20 preguntas (igual formato e sistema de corrección que para os asistentes). Para aprobar serán necesario obter 13 preguntas netas (acertos-erros). Puntuará un 40% b.-Entrega dun dossier cos traballos e exercicios prácticos desenvolvidos nos seminarios (deberá ser supervisado obrigatoriamente pola profesora previa presentación final). Puntuará un 10% c.-Proba práctica: realización por escrito de casos e exercicios prácticos. Puntuará un 50% ADVERTENCIA: O seguimento continua das actividades de aula, realizarase a traverso da Plataforma Faitic, polo tanto todo o alumnado matriculado debe estar inscrito en dita plataforma desde o inicio de curso. SEGUNDA CONVOCATORIA Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior. As datas de exame pódense consultar to Taboleiro de anuncios da
Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no
seguinte enlace: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |