Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Ética e traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios A dinámica de seminario implica responsabilidade na presentación de lecturas, presentación de traballos de comentario, e contribucións que evidencien un grao de comprensión da materia e dos problemas correspondentes. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Comentario de texto sobre unha cuestión relevante da materia.
É preciso obter nesta proba polo menos o 50%
40
Probas de resposta curta Resposta a cuestións deseñadas para amosar a capacidade de relación e comprensión dos principais conceptos da materia.
É preciso obter nesta proba polo menos o 50%
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Os alumnos non-presenciais realizarán as probas do exame final, co seguinte criterio de cualificación:

PROBAS DE RESPOSTA LONGA---40%

É preciso obter nesta proba polo menos o 50%

PROBAS DE RESPOSTA CURTA---50%

É preciso obter nesta proba polo menos o 50%

RESEÑA OU TRABALLO DE LECTURA---10%

O traballo de lectura realizarase sobre un libro a escoller entre os títulos que figuran na bibliografía da materia. Superar esta proba é preciso para aprobar a asignatura.

A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva en xullo.

As actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, manténdose as puntuacións previamente conseguidas.

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás
clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

A comezos de curso os estudantes deberán ter debidamente cumprimentados os datos persoais da plataforma Tema (incluíndo correo-e e fotografía dixital).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000