Guia docente 2021_22
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición, por parte da docente, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, das bases teóricas e/ou das directrices dun traballo, do exercicio ou do proxecto a desenvolver polo/a estudante.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Presentación Exposición, por parte do alumnado, ante a docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto etc. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
Seminario Entrevistas que o/a alumno/a mantén coa profesora da materia para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Prácticas con apoio das TIC (Repetida, non usar) Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvólvense a través das TIC de maneira autónoma (Programa TEMA http://faitic.uvigo.es).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000