Socioloxía, ciencia política e da administración e filosofía
Coordinador/a
Fernández Álvarez, Antón Lois
Correo-e
alfa@uvigo.es
Profesorado
Fernández Álvarez, Antón Lois
Web
Descrición xeral
A Política Social é unha materia cuxos contidos son fundamentais na formación dos traballadores sociais, permitindo o coñecemento do marco xeral no que se desenvolven os sistemas de benestar social nos que intervén como profesional.
O presente plan de traballo pretende proporcionar coñecementos e elementos de reflexión cos seguintes fins:
- estudo dos aspectos conceptuais da política social;
- aproximación teórico-metodológica ao Estado de Benestar;
- confrontar diversas interpretacións da política social;
- analizar o estado actual da política social no noso país;
- efectos da integración europea e a mundialización das relacións sociais.