Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Habilidades sociais e de comunicación do traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia, participación e realización das actividades propostas pola profesora.
Puntuación máxima: ata 1.5 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 0.75 punto neste apartado para superar a proba.
15
Traballos tutelados Elaboración, grupal ou individual, de pequenas investigacións ou de proxectos de intervención con grupos.
Puntuación máxima: ata 2 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 1 punto neste apartado para superar a proba.
20
Presentacións/exposicións Exposición, grupal ou individual, de pequenas investigacións ou de proxectos de intervención con grupos.
Puntuación máxima: ata 1.5 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 0.75 punto neste apartado para superar a proba.
15
Probas de tipo test Realización dun examen tipo test (40 preguntas como máximo con dúas opcións de resposta) sobre os contidos do temario. As preguntas deixadas en branco non se terán en conta na cualificación, que virá dada pola nota resultante de restar os erros dos acertos.
Puntuación máxima: ata 5 puntos da nota final. Punto de corte para aprobar este apartado da materia: 20 preguntas.
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
REQUISITO PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:

O alumnado deberá entregar a súa ficha debidamente cumprimentada nun prazo máximo de tres semanas facendo constar expresamente a modalidade elixida, o que implica contactar necesariamente coa profesora a principios de curso para comunicarlle a súa elección e poder ser convenientemente avaliado.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Aplicaranse dous sistemas de avaliación tomando como criterio diferencial a asistencia ou non ás clases presenciais e ás titorías grupais, dado que a planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe esixe a presenza do alumnado sobre todo en aquelas relacionadas coa adquisición de competencias procedementais e actitudinais, o que implica facer un seguimento das asistencias mediante controles. Quen sen notificalo teña una asistencia por debaixo do 80% será considerado a tódolos efectos como non asistente, salvo causa debidamente xustificada (enfermidade ou pasamento dun familiar achegado).

* Modalidade asistencial: A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no cadro superior, sendo preciso ter superados cada un deles ailladamente.

* Modalidade non asistencial: A avaliación e a superación da materia virá determinada polo exame final teórico-práctico (50% da nota final, sendo necesario obter como mínimo 2.5 puntos dos 5 que integran este apartado) e pola realización dun traballo tutelado pola profesora que haberá que presentar na data de exame da convocatoria oficial, previa a súa exposición (50% restante da nota, sendo preciso acadar como mínimo 2.5 puntos do total dos 5 que se poden obter neste apartado). A nota final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos dous apartados, sendo preciso superar cada un deles ailladamente.

SEGUNDA CONVOCATORIA:

As competencias non superadas, derivadas da totalidade e/ou de parte das probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada, tanto na modalidade asistencial como na non presencial.

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa
asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de
avaliación

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000