Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Habilidades sociais e de comunicación do traballo social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Toma inicial de contacto co alumnado a efectos de:
- Presentación da materia (obxectivos, contidos, metodoloxía, criterios de avaliación) e aclaración de posibles dúbidas ao respecto.
- Detección de coñecementos previos, expectativas en relación á materia, intereses e motivacións do alumnado.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte da profesora, así como das directrices do traballo a desenvolver polo alumnado. Adicaranse as derradeiras sesións á súa exposición individual ou grupal.
Seminarios Actividade eminentemente práctica enfocada á adquisición de coñecementos e habilidades instrumentais en relación coas habilidades sociais e de comunicación, con asistencia específica por parte da profesora ás actividades desenvolvidas polo alumnado.
Eventos docentes e/ou divulgativos Exposición do labor desenvolvido por profesionais de prestixio para afondar no coñecemento da utilización das habilidades sociais e da comunicación en diversos ámbitos sociais.
Traballos tutelados O alumnado, preferiblemente en grupo ou, se non é posible esta opción, de xeito individual, elabora un pequeno traballo de investigación ou un proxecto de intervención con grupos (inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, correcta estruturación e redacción...)
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do alumnado, previa presentación escrita, dos traballos tutelados realizados.
Titoría en grupo Entrevistas mantidas polo alumnado ca profesora para asesoramento e
desenvolvemento das actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000