Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación do grao de asimilación do temario exposto na aula durante as sesións maxistrais, mediante probas que combinen preguntas de resposta curta con preguntas tipo test. Débese acadar un nivel medio como mínimo para sumar a puntuación dos outros apartados. 50
Traballos de aula Avaliación de actitividades prácticas de aula mediante informes/memorias que impliquen a descripción da actividade realizada na aula e reflexión sobre a súa vinculación coa materia e titulación 25
Traballos tutelados
Avaliación do traballo monográfico relacionado coa materia que o/a estudante/a realiza de maneira autónoma en pequeno grupo, de xeito cooperativo e baixo a supervisión do profesor. Ademáis da estructura e contido se avaliará a presentación do traballo ou proxecto.
O traballo inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e presentación, manexo das TIC e a Plataforma TEMA .
20
Presentacións/exposicións A avaliación das exposicións súmase aos traballos tutelados, dos que forma parte, e terase en conta a relevancia dos contidos tratados, a coherencia, claridade e atractivo da exposición. 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Alumnado Non Presencial
que non poida seguir actividades de aula de xeito regular : criterios
similares aos da modalidade presencial coa salvedade de que como non
participan nas actividades prácticas de aula compensarán éstas con un
traballo adicional práctico ademáis do teórico. A súa avaliación
basearase en: examen que combina preguntas de tipo test con preguntas
curtas sobre material impreso vinculado co temario que se lle indicará
oportunamente (50% máximo da calificación), un traballo teórico (25%
máximo da calificación), un traballo práctico (25% máximo da
calificación), ambos planificados previamente de acordo co profesor.
Para facer a media dos traballos co exame haberá que ter aprobado éste.

Enténdese por alumnado non presencial aquel que non pode asistir ao menos ao 70% das sesións teóricas e prácticas. O alumnado que comence como presencial e non chegue a este nivel de asistencia, automáticamente pasará a non presencial.

Segunda Convocatoria (Xullo): se
conservarán as calificacións das competencias e probas superadas para a
Convocatoria de Xullo, na que se examinará o alumnado só das
competencias e probas non superadas previamente.

Nota: o exame oficial da materia (ver Taboleiro de Horarios de Traballo Social, planta baixa do Edificio de Ferro)

Exame de Xuño/Xullo: (ver Taboleiro de Horarios para saber día, hora,aula e data de revisión).

Titorías do profesorado: ver web Facultade

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000