Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Conceptos, teorías e métodos en traballo social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios O alumnado para garantir o desenvolmento da materia deberá traer realizas as tarefas encomendadas para cada sesión do seminario (esquema das lecturas e/ou resolución de exercios así como a súa exposición cando lles corresponda). Só poderá ser avaliado positivamente neste apartado si cumpre coas tarefas solicitadas de forma correcta (en tempo e forma). 10 máximo
Traballos tutelados Nas sesións dos grupos medios, asesorarase, orientarase e realizaranse tarefas en relación a un traballo relacionado coa temática da materia, proposto pola profesora. Estas tarefas son de obrigado cumprimento, en presentación en tempo e forma para ser avaliado positivamente. Terá carácter grupal e presentarase por escrito con formato de traballo académico. 30 máximo
Probas de tipo test Proba tipo test de resposta única. Constará de 20 ou 40 preguntas baixo o sistema de acertos-erros. Cada erro descontará 0'25. O número de preguntas netas para aprobar serán 13 ou 26. Versará sobre os contidos da materia desenvolvidos nas sesións maxistrais e nos seminarios.
No examen parcial liberatorio constará de 20 ou 40 preguntas tipo test de resposta única. O número de respostas netas para aprobar será de 13 ou 26 (acertos-erros).
40 máximo
Outras Defensa do traballo tutelado. A hora e día para cada grupo será marcada pola profesora e discriminará individualmente a nota do traballo tutelado. Só se procecerá a defensa si o traballo tutelado entregado por escrito está aprobado. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder superar a materia deberán aprobarse previamente e de forma independente cada unha das probas previstas no apartado de avaliación. En todo caso, o alumnado non poderá ser avaliado se non presenta en tempo e forma en tarefas encomendadas para os seminarios e o traballo tutelado.

Advírtese o alumnado que non se gardará ningunha nota para o curso seguinte, este aspecto rixe tanto para o alumnado asistencial como non asistencial.

SISTEMAS DE AVALIACIÓN

1.-ALUMNADO ASISTENCIAL: será considerado como tal aquel que teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións

maxistrais e un 80%  aos seminarios. En caso de non cumprir con este requisito serán

avaliados como alumnado non asistencial. O alumnado asistencial terá un examen parcial, con carácter liberatorio, previo a

convocatoria oficial, de toda ou parte da materia. As modalidades así como a puntuación é a que está establecida nas metodoloxías de avaliación.

Lembrar que só se podré aprobar a materia, cando se obteña un aprobado en cada unha das metodoloxías de forma

independente.

2.-ALUMNADO NON ASISTENCIAL: aquel alumnado que non cumpra os requisitos mínimos de asistencia ás clases (maxistral e

seminarios). Este alumnado será avaliado nunha proba final global e única que consistirá en (cada unha das partes deberá

estar aprobada por independente para poder superar a asignatura):

a.-Examen final na convocatoria oficial tipo test (igual formato e sistema de corrección que para os

asistentes). Este examen versará sobre os contidos teóricos das sesións maxistrais e seminarios. Puntuará un 40%

b.-Entrega dun dossier que recolla os traballos realizados polo alumnado asistencial para as tarefas dos seminarios e dos contidos relacionados có traballo tutelado (previamente a súa entrega deberá estar supervisado, con carácter obrigatorio, pola profesora). Puntuará un 10%

c.-Pregunta de desenvolmento: versará sobre os aspectos e materiais relacionados có traballo tutelado, levararase a cabo sempre que se teña superado a primeira parte do examen tipo test. (avalía as competencias obtidas polo alumnado asistencial no traballo tutelado). Puntuará un 30%

d.-Defensa oral (será convocado pola profesora en hora e día) dos contidos desenvolvidos no apartado c. Puntuará un 20%

ADVERTENCIA: O seguimento continua das actividades de aula, realizarase a traverso da Plataforma Faitic, polo tanto todo o alumnado matriculado (tanto asistencial como non asistencial) debe estar inscrito en dita plataforma desde o inicio de curso.

SEGUNDA CONVOCATORIA

Na convocatoria de xullo serán avaliadas só aquelas probas e competencias que non se superaran na convocatoria anterior.


As datas de exame pódense consultar to Taboleiro de anuncios da
Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no
seguinte enlace: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000