Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Organización dos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Inclúese neste epígrafe a diversidade de traballos encargados que forman parte do sistema de avaliación continuo (lectura e defensa obrigatoria dun dos libros da bibliografía básica, lectura e comentario de artigos profesionais, análise dunha organización de servizos sociais, supostos prácticos...). Valorarase cada un dos traballos solicitados e presentados polo/a estudante de xeito individual e/ou en grupo. Cómpre ter aprobada esta parte para facer media coa nota obtida na proba tipo test. Solicitarase un dossier individual no que se inclúan todas as prácticas, exercicios e traballos realizados.
Considerarase parte do seguemento avaliable da parte práctica da materia a realización de probas aleatorias (resposta por escrito a preguntas; pequenos test...) tendentes a comprobar na aula a realización dos traballos e encargos solicitados. A nota da parte práctica da materia só fará media coa nota da parte teórica (exame) se é igual ou superior a 2,5.
40
Traballos de aula Prácticas e traballos realizados na aula 10
Probas de tipo test O /a alumno/alumna examinarase da parte teórica da materia desenvolta nas sesións maxistrais e nos seminarios. A nota obtida no exame da parte teórica será o 50% da nota total e só fará media coa nota da parte práctica se é igual ou superior a 2,5. Para o alumnado asistente, o exame constará de 40 preguntas con catro alternativas de resposta, das cales só unha é verdadeira. Cada tres respostas incorrectas invalidarase unha resposta correcta. O corte do aprobado sitúase en 20. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade de avaliación para estudantes presenciais con asistencia regular.


A planificación do proceso ensinanza-aprendizaxe esixe a presenza dos/as estudantes nas actividades prácticas que se desenvolverán durante o curso, en especial naquelas relacionadas coa adquisición de competencias relativas ao saber facer e ao saber ser (procedementais e actitudinais). Subliñar que non chega con «asistir» á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do alumnado, senón que o avaliable son os resultados do proceso ensinanza-aprendizaxe reflectidos nos exercicios e actividades ben realizados e a participación activa e pertinente nas clases prácticas. Polo tanto esixiráselle ao estudantado a súa presenza nas actividades ao longo do curso(verificable con listaxes de asistencia) non puidendo faltar a máis de 5 clases prácticas durante o cuadrimestre (dun total de 23 clases prácticas distribuídas 16 en grupo mediano e 7 de pequeno grupo) e, así mesmo,esixiráselle a asistencia ás clases maxistrais non podendo faltar máis do 20 por cento do total (dun total de 20 horas poderá faltar a 4). O profesorado non lle pedirá ao alumnado explicación ningunha de por que non acode á clase. Se o/a estudante deixa de asistir, sexa cal sexa a circunstancia, terá que optar pola segunda modalidade de avaliación.


Modalidade de avaliación para estudantes non asistentes con regularidade.


O alumnado que opte por non asistir ás clases,non poida, ou pretendendo ser estudantes asistentes teñan máis faltas das permitidas, terán que demostrar o coñecemento dos aspectos procedementais e actitudinais da materia no exame final (convocatoria oficial). Nesta modalidade, a avaliación soamente se realizará a través do exame da convocatoria oficial e suporá o 100 % da nota. A parte teórica da materia consistirá na mesma proba tipo test establecida para o alumnado asistencial (40 preguntas con catro alternativas de resposta, das cales só unha é verdadeira, no que cada tres respostas incorrectas invalidarase una correcta). En canto á parte práctica esixiráselle ao alumnado que saiba responder os contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvoltos ao longo do curso e que pode adquirir a través da bibliografía e a preparación dos traballos tutelados que se lle encargan ao alumnado asistencial. Neste sentido, na parte práctica poderanse incluir preguntas a desenvolver e supostos relacionados cos artigos, supostos e prácticas desenvolvidas na materia. O profesor informará e facilitará este material ao alumnado non asistencial.

Convocatorias seguintes.


Os/As estudantes de ámbalas dúas modalidades, de non ter superada a materia, serán avaliados das competencias non adquiridas na convocatoria de xullo. As datas dos exames oficiais da materia serán publicados na páxina web da Facultade de ciencias da Educación de Ourense. A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva en xullo.Non se gardarán notas de ningunha parte da materia para o seguinte curso académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000