Presentacións/exposicións |
Exposición, por parte do alumnado, ante o docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio ou proxecto. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo. |
Traballos tutelados |
O estudantado, de xeito individual ou en grupo, elaborará aqueles exercicios que se lle encomende relacionados coa temática da materia e coa súa aprendizaxe, será supervisado e tutelado pola profesora sobre o que se refire á procura e recollida de información, á lectura e manexo de bibliografía, á redacción, á presentación, á exposición etc. |
Traballos de aula |
O/A estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión dos docentes. |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos, bases teóricas e/ou directrices sobre a materia obxecto de estudo. |