Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Organización dos servizos sociais
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Coñecer a evolución histórica dos servizos sociais, a súa configuración actual, a estrutura, os ámbitos de actuación e as competencias.
saber
A6
A9
A31
Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais.
saber facer
A2
Traballar de forma eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e «multiorganizacionais» co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e o seu tempo de duración contribuíndo igualmente a abordar de forma construtiva os posibles puntos de vista existentes.
saber
A26
Interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, considerando a diversidade cultural –e, polo tanto, a especificidade das minorías étnicas, culturais, lingüísticas etc.-, a esixencia de promover a igualdade entre homes e mulleres, a necesidade de tender cara a unha sociedade ambientalmente sustentable e de defender os valores da paz.
saber facer
A8
Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención.
saber
A9
Ser capaz de traballar e valorar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades, limitacións, dificultades, malestares e circunstancias.
saber
saber facer
A1
Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, comunidades e con outros profesionais.
saber
A2
Ser capaz de traballar e valorar de forma conxunta con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades, limitacións, dificultades, malestares e circunstancias.
saber facer
A1
Preparar, producir, efectuar e avaliar os plans de intervención co sistema cliente e os/as colegas profesionais negociando o fornecemento de servizos que deben ser empregados e revisando a eficacia dos plans de intervención coas persoas implicadas co fin de adaptalos ás necesidades e circunstancias cambiantes. Considerar os deberes éticos da profesión relativos ao sistema cliente con respecto á confianza, á proximidade, á afectividade, ás relacións igualitarias, á atención á diversidade cultural etc.
saber
saber facer
A12
Interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas en relación ás súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, considerando a diversidade cultural –e, polo tanto, a especificidade das minorías étnicas, culturais, lingüísticas...-, a exixencia de promover a igualdade entre homes e mulleres, a necesidade de plantarlle cara a unha sociedade ambientalmente sostible e de defender os valores da paz. Desenvolver as habilidades nas relacións interpersoais.
saber facer
A8
B14
Establecer e actuar para a resolución de situacións de risco previa identificación e definición da súa natureza.
saber
saber facer
A21
Establecer e actuar para resolver situacións de risco, despois da identificación e definición da súa natureza.
saber facer
A21
B9
Demostrar capacidade de análise e síntese. Ser capaz de xestionar a información, de resolver problemas e de tomar decisións. Amosar habilidades nas relacións interpersoais. Posuír razoamento crítico, compromiso ético e sensibilidade cara a temas ambientais, igualdade entre home e mulleres, cultura da paz etc.
saber
saber facer
Saber estar / ser
B1
B8
B9
B10
B14
B16
B17
B24
Coñecer técnicas de análise da realidade social, investigar no marco das necesidades sociais e dar resposta desde os ámbitos dos servizos sociais.
saber facer
A2
A8
A12
Coñecer e comprender a organización, a estrutura xeral, os mecanismos de actuación e as principais prestacións e programas que configuran o sistema público de servizos sociais así como as súas competencias no ámbito estatal e autonómico.
saber
saber facer
A24
A27
Traballar cun equipo de carácter interdisciplinar.
Saber estar / ser
B12
Promover cambios favorables na vida dos individuos e familias a través da administración de recursos e servizos, colaborando cos procedementos implicados na súa obtención, supervisando a eficacia e asegurando a calidade.
saber
saber facer
A3
A8
Procurar unha prendizaxe autónoma.
Saber estar / ser
B18
Participar na xestión e dirección de entidades do benestar social.
saber
saber facer
A5
A12
Ser capaz de analizar e sintetizar, de crear, de autorresponsabilizarse e de pensar de maneira reflexiva e crítica ante o traballo.
Saber estar / ser
B1
B3
B16
B17
Analizar e sistematizar a información que proporciona o traballo cotián, administrar e responsabilizarse do propio traballo.
saber
saber facer
A5
A9
Demostrar sensibilidade cara ás temáticas de concienciación social.
Saber estar / ser
B15
B17
B24
Deseñar, efectuar e avaliar proxectos de intervención social e apoiar as persoas para que sexan capaces de manifestar as súas necesidades, circunstancias e proceder con autonomía.
saber
saber facer
A3
A18
Coñecer as funcións profesionais do/a traballador/a social na xestión dos servizos sociais e a participación nas organizacións públicas e privadas.
saber
saber facer
A1
A11
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000