Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Epistemoloxía do traballo social
   Contidos
Tema Subtema
Coñecemento do concepto e natureza do traballo social Dificultades para elaborar unha definición unitaria de «traballo social». O traballo social como arte, tecnoloxía social, profesión e disciplina científica. A construción da profesión e da disciplina. Definicións de traballo social.
O obxecto do traballo social Complexidade para definir o obxecto do traballo social. Definicións históricas sobre o obxecto do traballo social.
Funcións xenéricas dos traballadores socias Funcións do profesional de traballo social. A intervención directa e indirecta. Onde exercen profesionalmente os traballadores sociais? Ámbito público e privado. O traballo social nos distintos sistemas de protección social: saúde, educación, xustiza etc. O traballo social no ámbito privado.
Teorías procedentes das ciencias sociais que inflúen no traballo social Teorías procedentes da psicoloxía, da socioloxía e a filosofía, e como incidiron no traballo social. Teorías «para» e «do» traballo social: Howe, Payne, Kisnerman etc. Relación do traballo social con outras disciplinas científicas. A especificidade do traballo social. Teoría, práctica profesional e sistematización.
Introdución histórica á cuestión metodolóxica no traballo social Que é o método en traballo social? Orixe e evolución histórica dos métodos tradicionais do traballo social: caso, grupo e comunidade. O movemento da reconceptualización. Crítica aos métodos tradicionais. A unificación metodolóxica. Os modelos en traballo social.
Introdución histórica á ética do traballo social: principios éticos básicos e códigos deontolóxicos Os códigos deontolóxicos e o seu significado. Valores e principios na ética do traballo social.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000