Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Dereito: Fundamentos xurídicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia e avaliación do estudo intensivo de determinados temas, discusión, participación e elaboración de documentos e conclusións.
Asistencia ás accións titoriais da materia.
Ata o 10 (ata 1 puntos).
Estudo de casos/análises de situacións Formulación e resolución de casos prácticos. Ata o 30 (ata 3 puntos).
Sesión maxistral Proba obxectiva dirixida a provocar a lembranza da aprendizaxe previa. Poderá consistir na realización dunha pregunta longa, de varias preguntas curtas ou nunha proba tipo test. Ata o 60 (ata 6 puntos).
 
Outros comentarios sobre a Avaliación





A) Para aprobar a materia é preciso ter superadas as diferentes partes na que se divide e desmostrar que se adquiriron as competencias especificadas na guía docente.

B)Procedemento de avaliación de non asistentes. Descrición (aspectos/criterios):

-Avaliación teórica: exame teórico-práctico que recollerá os contidos
relativos á materia impartida durante as clases de aula. Cualificación: ata o
70%.

-Avaliación do estudo de casos: exame teórico-práctico. Cualificación: ata o 20 %.

-Seminario: exposición oral sobre un ou varios temas. Entrega dun
traballo escrito sobre un ou varios temas do contido da materia.
Cualificación: ata o 10 %.


B) Segunda oportunidade: avaliaranse as competencias e aspectos non superados na primeira convocatoria.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000