Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Dereito: Fundamentos xurídicos
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Traballar e valorar de xeito conxunto con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades as súas necesidades, limitacións, dificultades, malestares e circunstancias
A2 Analizar situacións sociais obxecto de intervención, planificar, desenvolver, executar, revisar e avaliar a práctica do traballo social con persoas, familias, grupos, organizacións, e comunidades e con outros profesionais
A4 Actuar preventivamente e na resolución das situacións de risco para a cidadanía, para si mesmo/a e para os colegas de profesión
A5 Administrar e ser responsable, con supervisión e apoio, da propia práctica dentro da organización
A6 Demostrar competencia profesional no exercicio do traballo social
A7 Establecer relacións profesionais co fin de identificar a forma máis adecuada de intervención
A8 Interactuar con persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades para axudarlles a tomar decisións ben fundamentadas achega das súas necesidades, circunstancias, riscos, opcións preferentes e recursos, considerando a diversidade cultural -e polo tanto a especificidade das minorías étnicas, culturais, lingüísticas...-, a esixencia de promover a igualdade entre homes e mulleres, a necesidade de tender cara a unha sociedade ambientalmente sustentable e de defender os valores da paz
A9 Valorar as necesidades e opcións posibles para orientar unha estratexia de intervención
A10 Responder a situacións de crise valorando a urxencia das situacións, planificando e desenvolvendo accións para facer fronte ás mesmas e revisando os seus resultados
A19 Defender as persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades e actuar no seu nome se a situación o requirir
A20 Preparar e participar nas reunións de toma de decisións co fin de defender mellor os intereses das persoas, familias, grupos, organizacións e comunidades
A21 Establecer e actuar para a resolución de situacións de risco previa identificación e definición da natureza da mesma
A23 Administrar e ser responsable do seu propio traballo asignando prioridades, cumprindo coas obrigacións profesionais e avaliando a eficacia do propio programa de traballo
A25 Xestionar e presentar historias e informes sociais manténdoos completos, fieis, accesibles e actualizados como garantía na toma de decisións e valoracións profesionais; con especial precaución a respecto do dereito dos usuarios e das usuarias á confidencialidade, ao segredo profesional e á protección de datos
A26 Traballar de xeito eficaz dentro de sistemas, redes e equipos interdisciplinares e «multiorganizacionais» co propósito de colaborar no establecemento de fins, obxectivos e tempo de duración dos mesmos contribuíndo igualmente a abordar de xeito construtivo os posibles puntos de vista existentes
A27 Participar na administración e dirección de entidades de benestar social
A31 Contribuír á promoción das mellores prácticas do Traballo Social participando no desenvolvemento e análise das políticas que se implementan
B1 Capacidade de análise e síntese
B2 Capacidade de organización e planificación
B3 Capacidade reflexiva
B4 Comunicación oral e escrita nas linguas nativas
B8 Capacidade de xestión da información
B9 Resolución de problemas
B10 Toma de decisións
B14 Habilidades nas relacións interpersoais
B15 Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade
B16 Razoamento crítico
B17 Compromiso ético
B18 Aprendizaxe autónoma
B19 Adaptación a novas situacións
B23 Motivación pola calidade
B24 Sensibilidade cara a temas medio ambientais, igualdade entre home e mulleres, cultura da paz, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000