Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Introdución ao traballo social
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición, por parte do docente, dos contidos sobre a materia obxecto de estudo. Bases teóricas e/ou directrices para os traballos e exercicios a desenvolver polo alumnado.
Presentacións/exposicións Exposición, por parte do alumnado, ante a docente e/ou un grupo de estudantes, dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto etc. Pódese levar a cabo individualmente ou en grupo. Desenvolverase en grupo mediano.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Empregaranse como complemento das clases teóricas. Desenvolverase en grupo mediano.
Traballos tutelados Os/As estudantes, de xeito individual ou en grupo, elaborarán aqueles exercicios que se lles encomenden relacionados coa temática da materia e coa súa aprendizaxe. Este traballo será supervisado polo docente no que atinxe á procura e recollida de información, á estruturación correcta do traballo, ao manexo de bibliografía, á boa redacción, á presentación, á exposición etc. Esta supervisión realizarase en pequeno grupo.
Debates Diálogos participativos das persoas integrantes da aula sobre temas ou cuestións específicas vinculadas co obxecto da materia. Poden derivar dos contidos da materia ou destes e do seu vínculo coa actualidade. As propostas de tema serán realizadas polo profesorado ou polo alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000