Guia docente 2023_24
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Fundamentos dos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Valorarase o traballo do estudo das necesidades, así como a súa presentación e exposición. 20 A1
A2
A3
A4
B1
B3
C3
C15
D1
D2
D3
D4
D10
D11
D18
Cartafol/dossier O alumnado deberá presentar un caderno-dosier do traballo realizado, persoal ou en grupo, referido ás actividades teórico-prácticas desenvolvidas dentro dos apartados do traballo na aula, estudo de casos e seminarios, traballos tutelados. Algúns destes traballos realizaranse de xeito individual na aula para a súa posterior cualificación dentro do proceso de avaliación contínua. 40 A2
A3
A4
A5
B1
B3
C3
C4
C15
D1
D2
D3
D4
D8
D9
D11
D16
D17
D18
D24
Exame de preguntas obxectivas Exame teórico tipo test sobre os contidos da materia impartidos a través das clases maxistrais e dos seminarios. Constará de 40 preguntas con tres alternativas de resposta das cales só unha é verdadeira. O sistema de corrección será de acertos menos errores/2 (A-E/2), estando o corte do aprobado en 20 despóis de aplica-la fórmula. 40 A1
A2
A3
C3
D1
D8
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Modalidade de avaliación continua

A planificación deste proceso de ensinanza-aprendizaxe concíbese como unha avaliación continua e esixe a presenza do alumnado tanto nas clases teóricas coma nas prácticas. Considéranse estudantes con asistencia regular os que acudan a un mínimo do 80% das clases teóricas; clases prácticas e o mesmo para as titorizacións en aula. A asistencia medirase mediante listaxes de asistencia diarios. Subliñar que non chega con asistir á clase, nin que o que se avalía é a asistencia do alumnado. Se o estudante deixa de asistir á clase, sexa cal sexa a circunstancia (coa única excepción de enfermidade xustificada con certificado médico ou pasamento dun familiar achegado), terá que optar pola segunda modalidade de avaliación.

As actividades prácticas iranse presentando segundo os prazos que se determinen previamente na aula. Ademais, como indicador de avaliación continua poderanse realizar probas-control individuais sobre exercicios prácticos cuxa cualificación pasará a formar parte do cartafol/dossier.

Modalidade de avalaliación global

O alumnado que opte por non asistir ás clases, tanto teóricas como prácticas, ou non poida, ou pretendendo ser estudante presencial teña máis do 20% de ausencias tanto na parte teórica coma na parte práctica, pasará a formar parte desta modalidade de avaliación.

Nesta modalidade, a avaliación e a superación da materia virá determinada polo exame final teórico e práctico (convocatoria oficial) e pola presentación nese mesmo día do caderno-dosier de actividades teórico-prácticas e do traballo de necesidades.

Dentro do exame teórico-práctico se avaliará cun 60%  a teoría e un 40%  a práctica. O estudante terá que acadar ao menos un cinco en cada destas partes  para superar a proba.

A puntuación final da materia será de ata 40% para o exame teórico-práctico, o 40% para o caderno-dossier, e o 20% para o traballo de necesidades

A principios de curso, a profesora entregaralle ao estudantado que opte por esta modalidade de avaliación un documento coas actividades do caderno-dossier. Este alumnado está obrigado a contactar coa docente a principios de curso para comunicarlle a súa elección por esta modalidade de avaliación.

O estudo da parte teórica da materia poderán facelo a través da bibliografía básica recomendada. En canto á parte práctica, esixiráselle ao alumnado que saiba dar resposta aos contidos conceptuais, actitudinais e procedementais desenvolvidos ao longo do curso e que pode adquirir a través de textos existentes na biblioteca e dos apuntamentos de clase.

Outros comentarios e segunda convocatoria

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

A superación da materia, tanto para estudantes de avaliación continúa como de avaliación global, implica puntuar en cada un dos criterios de
avaliación establecidos - como mínimo- o 50 % da puntuación indicada.

Tanto para o alumnado da modalidade presencial asistentes con regularidade como para os non asistentes con regularidade, en caso de ter que concorrer á segunda convocatoria, gardaránselles as notas da parte teórica (exame) ou práctica (traballos tutelados, presentacións, caderno etc.) superadas. 

As partes da materia superadas na 1º oportunidade, non serán obxeto de avaliación na 2ª, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade, no espazo "datas de exames",  http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php/graotraballosociallateral/exames-traballo-social-lateral.

a. En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT)

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000