Traballos de aula |
O/A estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión da docente. |
Traballos tutelados |
O alumnado elaborará, de forma autónoma ou en grupo, un traballo sobre o estudo de necesidades relacionado coa temática da materia que será supervisado e tutelado pola profesora no que se refire á busca e recollida de información, á lectura e manexo de bibliografía, á redacción, á presentación e exposición etc. |
Seminarios |
Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten profundar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. |
Estudo de casos/análises de situacións |
Análise de situacións, problemas ou casos reais coa finalidade de coñecelos, interpretalos, diagnosticalos, buscando o adestramento en procedementos alternativos de solución.
|
Saídas de estudo/prácticas de campo |
Visitas a institucións prestadoras de servizos sociais que gardan relación co ámbito da discapacidade e da vellez. |