1. Para os asistentes: (presencialidade nos seminarios e nas titorías de grupo pequeno arredor do 75 %):
O exame escrito, para o alumnado asistente, poderáse facer por parciais (2) a medida que se vaia explicando o temario.
2. Para os non asistentes
O examen escrito (obrigatorio) de toda a materia do temario será o día estipulado para o exame final (tablón de anuncios e páxina Web de la Facultade). O tipo de exame será idéntico ao dos asistentes: unhas 10-15 preguntas con resposta de desenrolo (5-10 liñas). Contará o 60% da calificación final.
O exame oral será obrigatorio. Versará sobre a metade do temario e sobre o traballo. Contará o 20% da nota.
O resto da calificación (20%) outorgarase polo traballo tutelado. Este traballo deberá estar iniciado, polo menos, 2 meses antes do exame final e será titorizado polo profesor (polos medios que sexa) de forma periódica. Comunicaránselle ao profesor (e recibiráse a confirmación del relativa a) os seguientes pasos: tema, bibliografía utilizada, esquema, borrador e traballo final.
Para a convocatoria de xullo, guardaráselle (no caso de telos superados) a puntuación dos seminarios, do traballo tutelado e do exame.
As datas de exame pódense consultar to Taboleiro de anuncios da Facultade de Ciencias de Educación ou na páxina Web da Facultade no seguinte enlace: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php |