Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía social e cultural
   Recomendacións


 
Outros comentarios
É preciso que o alumnado lea o material recomendado polo profesor antes de asistir ás exposicións maxistrais e de debate na aula; que manteña un nivel de estudo autónomo semanal, co fin de que as aprendizaxes vaian asimilándose pouco a pouco e acade así unha madurez e coñecementos satisfactorios; e recoméndase tamén que o alumnado comece os traballos canto antes para que os contidos teórico-conceptuais vaian madurando e gañando en complexidade na propia aprendizaxe. Por último, o alumnado non debe ler os materiais de maneira illada, senón que é preciso que estableza as pertinentes conexións entre uns e outros temas, e entre os distintos materiais que vaia consultando. Respecto aos traballos que terá que presentar o alumnado, lémbrase que non está permitido o plaxio e a comprobación de que este existe invalidará os traballos presentados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000