Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Antropoloxía: Antropoloxía social e cultural
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Seminarios Os seminarios versarán sobre actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permita profundar ou complementar os contidos da materia. Sempre que se considere necesario, empregaranse como complemento das clases teóricas.
Titoría en grupo Nas titorías en grupo, o alumnado manterá entrevistas co profesor para o seu asesoramento no modo de resolver as actividades da materia e o proceso de aprendizaxe.

Traballos tutelados Neste traballo tutelado, o/a alumno/a, de modo individual ou en grupo, deberá elaborar unha investigación sobre a temática da materia ou preparará seminarios, memorias, resumos de lecturas, conferencias etc. Trátase dunha actividade autónoma do/a estudante que inclúe a busca e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía e estruturación e redacción do informe final do tema a tratar no traballo.
Actividades introdutorias Presentarlle ao alumnado a programación da materia Antropoloxía social e cultural.
Sesión maxistral O profesor da materia presentará, en sesións maxistrais, as bases teóricas e as directrices de estudo do programa de Antropoloxía social e cultural, así como as directrices a seguir nos traballos de investigación en Antropoloxía sociocultural.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000