Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social nos servizos sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un traballo sobre os servizos sociais nun sector de poboación, con especial referencia as funcións e intervención do educador social no mesmo.

25
Estudo de casos/análises de situacións Análise de casos e situacións vinculadas a intervención dos/as educadores/as sociais nos servizos sociais.
15
Presentacións/exposicións Exposición do traballo realizado sobre un servizo social e as funcións e especificidades dó/a educador/a social no mesmo.
Outras exposicións
10
Probas de tipo test Exame tipo test sobre os contidos teóricos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(Poden sufrir algunha variación atendendo a circunstancias imprevistas.)

Haberá dous sistemas de avaliación, que o alumno/a deberá especificar na ficha

de identificación persoal entregada aos profesores nas dúas primeiras semanas do

curso:

Criterios de avaliación para ASISTENTES .Considéranse asistentes os que

acuden a un mínimo do 80% das clases teóricas, clases prácticas e titorizacions en

aula. A asistencia mídese por controles de aula diarios/aleatorios .

A cualificación final puntuarase segundo a normativa vixente de 0 a 10. Para superar a materia será preciso obter un mínimo de 5 na parte teórica (proba tipo test) e un 5 na parte práctica ( traballos tutelados, estudos de casos/análise de situacións e presentacións/exposicións).

Na parte práctica farase avaliación continua das actividades.

 

Criterios de avaliación para NON ASISTENTES (aquel@s que se notifican

como non asistentes ou acuden menos dun 80%):

 Superación exame escrito tipo test sobre os contidos teóricos e prácticos do

programa da materia. (60 %)

 Proba escrita para desenvolver algún dos aspectos teóricos e prácticos da materia (40%). Daranse tres opcións para desenvolver dúas. Para aprobar a materia será necesario ter aprobado tanto o exame tipo test como a proba escrita.


Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de de condicións equivalentes de avaliación.


Fecha de examen: 19 de Decembro ás 16 horas.
Fecha de revisión de examen: 29
de xaneiro.

De no ter superada a materia as competencias no adquiridas serán avaliadas novamente na convocatoria de xullo.


Convocatoria de Xullo:

Fecha de examen: 7 de Xullo ás 16 horas.
Fecha de revisión de examen: 16 de Xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000