Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Dinámica de grupos e intervención psicosocial comunitaria
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Toma inicial de contacto co alumnado a efectos de:
-Presentación da materia e aclaración de posibles dúbidas ao respecto.
-Detección de coñecementos e expectativas previas en relación á materia, intereses e grao de motivación.
Sesión maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesorado, así como das directrices do traballo a desenvolver polo alumnado. Adicaranse as derradeiras sesión para a súa exposición.
Seminarios Actividade eminentemente práctica orientada á adquisición de coñecementos e habilidades instrumentais en relación coa intervención psicosocial comunitaria e a dinámica de grupos.
Traballos tutelados O alumnado, preferiblemente en grupo, e, de non ser posible esta opción, de xeito individual elaborará un traballo centrado en algún dos aspectos do temario ou realizará un proxecto de intervención con grupos.
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do alumnado, previa presentación escrita, dos traballos tutelados levados a cabo.
Titoría en grupo Entrevistas mantidas polo alumnado co profesorado para asesoramento e desenvolvemento das actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Eventos docentes e/ou divulgativos Exposición do labor desenvolvido a nivel comunitario por parte de profesionais de prestixio con vistas a acercar a alumnado á realidade psicosocial de diversos grupos do entorno comunitario.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000