Guia docente 2022_23
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Socioloxía do consumo e identidades culturais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Avaliación continua mediante 4 traballos de comentarios de texto (autor/a, contexto da obra, resumen cas ideas principais e comentario crítico persoal), cada un deles sobre un dos catro temas teóricos da materia expostos na aula, os cales se entregarán en Moovi nunha data preestablecida. A avaliación continua tamén se baseará na observación da participación do alumnado na aula. 45 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C7
D1
D3
D8
D10
D13
D15
D19
D20
Debate Debates e discusión ordenadas na aula en torno as temáticas tratadas durante o curso 5 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C7
D1
D3
D8
D10
D13
D15
D19
D20
Presentación Exposición na aula e ante os compañeir@s do traballo do Proxecto de investigación. Se valorará a sistematización da información, a claridade expositiva, o uso de TICs e a capacidade didáctica de trasmisión de contidos. 10 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C7
D1
D3
D8
D10
D13
D15
D19
D20
Traballo Realización dun traballo práctico consistente nun Proxecto de investigación sobre consumo de carácter grupal por equipos de ata 5 alumn@s por proxecto. Terá que presentarse públicamente na aula e entregarse a súa versión final en Moovi na data que estableza previamente o profesor, ou entregalo en papel impreso na data do examen.
(Excepcionalmente poderá ser o traballo individual, pero previamente terá que se acordado co profesor).
40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C7
D1
D3
D8
D10
D13
D15
D19
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade no espazo "datas exames". 

O alumnado non presencial deberá examinarse na data oficial do exame da 1ª convocatoria mediante unha proba escrita de preguntas abertas que terá dúas partes diferenciadas: a) preguntas sobre o contido teórico e b)  preguntas sobre a parte práctica de metodoloxía e elaboración dun proxecto de investigación. En todo caso, tamén poderá optar, como os alumnos presenciais, a entregar os catro comentarios de texto e o proxecto de investigación por escrito o día do exame da 1ª convocatoria, pero se elixe esta opción terá que comunicarllo previamente ao profesor.

A parte da materia (teórica ou práctica) superada na 1ª oportunidade, non será obxecto de avaliación na 2ª convocatoria, considerándose, por tanto, como aprobada, aínda que terá que examinarse da parte da materia non aprobada na 2ª convocatoria para poder obter o aprobado final da materia no curso académico correspondente.

O alumnado (presencial e non presencial) que acceda á 2ª convocatoria terá que realizar unha proba escrita de preguntas abertas sobre a materia. O exame terá dúas partes diferenciadas: a) preguntas abertas sobre o contido teórico e b)  preguntas abertas sobre a parte práctica de metodoloxía e elaboración dun proxecto de investigación. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000