Proba-exame: Como pode verse trátase dun sistema de
avaliación continua no que se fai unha proba-exame que terá un peso do
40% da cualificación final. Ao respecto compre precisar que constará de
duas partes: a) Proba obxectiva (30 items de 3 alternativas) b) Preguntas abertas (a elexir 3 de 5 que se propoñan) A
cualificación da proba obxectiva farase mediante a aplicación da
fórmula: P=NA - (NE:Na-1), donde: P = puntuación; NA = número de
acertos; NE = número de erros; Na = número de alternativas A
puntuación da proba de respostas abertas farase conforme aos seguintes
criterios: I) Estructura correcta da resposta en función das
competencias que se avalían; II) Pertinencia de citas e datos; III)
Precisión na resposta contemplando as relacións conceptuais necesarias;
IV) Aportacións propias e orixinalidade; V) Aportacións claras en
relación co "saber facer" vencellado á pregunta que se formula. Para aprobar a asignatura esíxese superar a proba-exame da mesma, é dicir, obter 5 puntos como mínimo, xa que iso indica que acadou os mínimos competenciais esixibles. Datas exames e revisións: A proba-exame desta materia será o día 12 de xaneiro e a revisión de cualificacións o día 29 do mesmo mes. A proba-exame de xullo (2ª convocatoria) será o día 8 e a revisión de cualificacións o día 21 do mesmo mes. 2ª convocatoria (xullo): A
proba-exame de xullo, cunha estructura análoga á de xaneiro, haberá de
facela o alumnado que non consiga o aprobado na asignatura na
convocatoria ordinaria. Incluirá aqueles aspectos que haxan de valorarse
por considerarse indicadores das competencias da materia,
sobre todo no caso das persoas que, por razóns debidamente
xustificadas, teñan máis dun 20% de ausencias a clase ou que, aínda con
porcentaxe inferior de ausencias, non entregasen nos prazos oportunos os traballos que
permitan avaliar o logro de competencias propias da materia a partir da
participación activa na clase. Quen aprobe esta proba enténdese que superou os mínimos competenciais esixibles para superar a materia. Convén, pois, que a preparación da proba polo alumnado estea tutelada polo profesor. |