Guia docente 2021_22
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención en saúde e educación social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2021_22
Materia Intervención en saúde e educación social Código O05G130V01902
Titulacion
Grao en Educación Social
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 OP 3 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Failde Garrido, José María
Correo-e jfailde@uvigo.es
Profesorado
Failde Garrido, José María
Web
Descrición xeral A materia Intervención en Saúde e Educación Social proporciona ao futuro educador social un coñecemento sobre a teoría e a práctica da intervención preventiva e correctiva no eido da saúde: determinantes da saúde, a promoción e a educación para a saúde, modelos tóricos de intervención en saúde....
Xustifícase a inclusión de esta disciplina dentro do Plan de Estudios do Grao en Educación Social, no feito de que a intervención no eido da saúde constitúe unha das saídas profesionais dos futuros educadores sociais.
Por outra banda, o educador social como axente socio-educativo debe ter uns coñecementos actualizados sobre a teoría e práctica da intervención nos principais problemas de saúde.
En definitiva, a materia Intervención en Saúde e Educación Social, contribúe a fundamentar a formación dos Educadores Sociais, nun ámbito profesional aplicado no que cada vez máis se reivindica a súa presenza.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000