Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Intervención socioeducativa no ámbito familiar
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O alumnado, de xeito individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
<br>
10
Traballos tutelados O alumnado desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do alumnado.
<br>
20
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
<br>
20
Probas de resposta curta Examen teórico de contidos con respostas curtas. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

7. Avaliación dos procesos e resultados de
aprendizaxe. Criterios de avaliación da Materia para o alumnado matriculado.

(Ante situacións imprevistas estes procesos poden flexibilizarse).

-Prégase obrigatoria a entrega á profesora da ficha persoal, coa foto correspondente, durante  a primeira
quincena de clase
, (notificando a metodoloxía a seguir).
Isto significa o compromiso serio e
formal coa materia dende o inicio do cuadrimestre.
En caso de non
presentarse no prazo fixado, entenderase que o alumnado non se presenta a esa
convocatoria. A modo excepcional e xustificado
(coa proba acreditativa do traballo)
o alumnado que non asista a Materia seguirá outra metodoloxía marcada e
establecida dende o inicio do curso, os quince primeiros días, consensuado coa
profesora e seguindo as titorías básicas.

-Pautas orientativas importantes a considerar para ou
alumnado para os traballos individuais e grupais na aula

            -Nas clases presenciais comentaranse as indicacións concretas, que
se entregarán de modo impreso, sobre o modo de elaborar os traballos
individuais e grupais coa exposición oral correspondente, si procede, (formados
de tres a cinco persoas), e cómo presentar os traballos por escrito, é dicir, a
exposición oral dos contidos do tema elixido, esquema da exposición, o uso adecuado
de recursos tecnolóxicos e a planificación do tempo de exposición. A expresión
escrita, formato, sinais de identidade, desenvolvemento do tema tratado, a
intervención sociopedagóxica, conclusións e valoracións, bibliografía,
webgrafía, anexos, etc.

          
-Nas sesións de titoría se
aclararán dúbidas puntuais do anteriormente exposto.

-Á hora deentregar os materiais fixados e traballados
polo alumnado durante o cuadrimestre (rexistros varios, artigos,
comentarios de libros, traballos de grupo na aula, materiais informáticos,
etc.) recoméndase o seguinte:

-O cumprimento dos prazos de calendario establecidos para
presentar os materiais. Ditos materiais entregadosseránorixinais(non fotocopias nin baixados de internet directamente -isto é inadmisible-.
Se precisa unha reflexión e traballo previo dos mesmos dende o alumnado
).

-O coidado da expresión escrita
e a coherente descrición
das reflexións realizadas.

-A referencia completa das fontes documentais
(libros, revistas, prensa,
lexislación, webs, etc.), aténdose ás normas bibliográficas internacionais APA,
(ver web correspondente): autor, autora, ano, título, lugar, editorial, número
de edición.

-Na portada dos traballos
figurarán os seguintes datos: título, nome e apelidos, universidade, facultade,
titulación, campus, materia, profesora, curso, ano académico, etc.

-Nalgunha fotocopiadora próxima a esta
Facultade, elexida polo grupo-clase, iranse depositando os materiais-base de
traballo relacionados coa materia. Ademais de colgar outros na plataforma
Faitic.

-O uso do correo electrónico é para
solucionar cuestións puntuais e extraordinarias (fáciles de solventar mediante
esta vía). Intentarase responder no plazo mais breve posible. Sempre que sexan
correos con Asunto encabezado
e dentro dos plazos establecidos. Non se atenderán correos en época non
lectiva.

  -O respecto os compañeiros, a escoita na aula,  o saber comportarse,…. Na aula non se usa o
móvil. A aula non é un espacio para comidas e bebidas. Mentras estemos na clase
non se entra e se sale o libre arbitrio,…. son requisitos imprescindibles que
forman parte da formación universitaria e da ciudadanía. A función da
docente é impartir e asesorar a materia
non estar chamando a atención
constantemente por falar o comportarse inadecuadamente. Ante estas actuacións,
si acontecen, se tomarán medidas pertinentes.

7.1. Criterios específicos
de avaliación para ALUMNADO ASISTENTE

         Concedemos a este proceso avaliativo o carácter de inicial,
continuo, formativo e sumativo
. Para iso establecemos os 
dous seguintes
pasos
obligatorios a cumplir:

        7.1.1.- Asistencia e participación nas sesións metodolóxicas de clase, teóricas e
prácticas (lectura de textos recomendados e implicación en diversas actividades
programadas e desenvolvidas). Concretaranse días de presentación e análise dos materiais reflexionados (lectura, análise
e comentario de textos traballados). É básica a puntualidade as sesións
de clase. Comprendendo:

          - Traballos
de grupo iniciados na aula.
Estes temas concretaranse e se acordarán
durante as sesións de clase.

         - Traballos
individuais iniciados na aula
. Lectura de materiais varios e a súa
intervención pedagóxica e socioeducativa. Presentarase as orientacions por
escrito, expoñendo a súa reflexión e vinculación con esta Materia. Estableceranse prazos de entrega
consensuados.

Advertencia: o alumnado que, por
motivos xustificados non poida asistir a algunha sesión de clase concreta,
deberá suplir dita ausencia mediante un traballo personal do realizado o día seguinte.

         7.1.2.- Exame. As datas estarán expostas en zonas de información e
webs sobre o calendario de exames nesta Facultade. É básica a puntualidade.

-Igualmente, se avisará oportunamente na plataforma sobre
as datas de revisión das notas.

         A superación da Materia implica ter
alcanzado o aprobado en cada un destes apartados (5 puntos)
. Se non se consegue esta puntuación, suponse que non se
lograron os obxectivos mínimos da Materia na súa totalidade.

-Según o acordo adoptado en Xunta de Centro:

a)-De non ter superada a Materia, as competencias non adquiridas serán
avaliadas novamente na convocatoria de xullo.

b)-Segundo a normativa vixente, con independencia da súa asistencia ou non
as clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de avaliación.

7.2. Criterios específicos
para ALUMNADO NON ASISTENTE con xustificación debida (contrato de traballo). Cuestións
importantes:

-O alumnado, que por motivos xustificados (se
encontre traballando)
dende o inicio do curso, os quince primeiros días,
seguirá un sistema de titorización individualizado coa profesora a partir de
todo o exposto neste Programa da Materia, se concretará a principios de
curso
, notificándoo na ficha personal tamén,
establecéndose o seu seguimento durante todo o cuadrimestre.

-Este alumnado, suplirá el apartado (7.1.1) da
avaliación correspondente a Asistencia e
participación
elaborandoun Dossier o Memoria da Materia con
todo o material traballado na aula durante o cuatrimestre e seguindo as
indicacións neste programa (ver contidos e esquema explicativo da traxectoria e
na plataforma Faitic).E tamén realizará o examen, apartado (7.1.2).Todo isto previo consenso coa profesora en sesións de titoría e durante as primeiras
sesións do inicio da Materia.
É moi importante ter en conta estas
puntualizacións expostas para a superación desta Asignatura.

 

7.3 Avaliación do proceso docente

            7.3.1. Valoración do
alumnado

O alumnado valorará a dinámica da Materia, ben a través dun cuestionario elaborado expresamente pola
profesora, e tamén a través da enquisa
confeccionada por esta Universidade.

            7.3.2. Valoración do
profesorado e decisións de cambio

Ante as suxestións de cambio manifestadas polo alumnado nestes
cuestionarios, e tamén desde a traxectoria da Materia no presente curso, a
profesora prestará a debida atención, si procede, para mellorar e
retroalimentar o novo enfoque desta disciplina de cara ao seguinte curso
académico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000