Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación para o lecer e o tempo libre
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado (detección de coñecementos previos, motivacións,...) e a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos da materia "Educación para o lecer e o tempo libre"
Traballos de aula Formulación e análise, resolución e debate dun problema ou exercicio relacionado coa temática da materia, que os/ as estudantes desenvolven na aula baixo as directrices e supervisión da profesora. O seu desenvolvemento pode estar vinculado con actividades autónomas do alumnado.
Traballos tutelados Os/as estudantes, en grupo, elaboran un documento e/ou investigación sobre a temática da materia. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma de/dos estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción, etc.
Presentacións/exposicións Exposición oral por parte do alumnado, ante a docente e o alumnado, dos resultados do traballo tutelado (previa presentación escrita).
Obradoiros Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades manipulativas e instrumentais sobre a educación para o ocio e o tempo libre, con asistencia específica por parte da profesora ás actividades individuais e/ou de grupo que desenvolven os estudantes.
Saídas de estudo/prácticas de campo Realización dunha visita a unha ou varias institucións, centros,... do sector da educación para o ocio e o tempo libre. Co obxecto de que o alumnado aplique os coñecementos adquiridos na materia a situacións concretas, e poida obter novas habilidades básicas e procedimentais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000