Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Avaliación da temática teórica exposta polo profesor na aula mediante probas que combinen preguntas de resposta curta con preguntas tipo test. Débese acadar un nivel medio como mínimo para poder sumar a puntuación dos outros apartados e facer a media. 40
Seminarios Avaliación de actitividades prácticas de carácter monográfico de aula mediante informes/memorias individualizadas que impliquen a descripción da actividade realizada na aula e reflexión sobre a súa vinculación coa materia e titulación 15
Traballos tutelados Avaliación do traballo monográfico relacionado coa materia que o/a estudante/a realiza de maneira autónoma en grupo, de xeito cooperativo e baixo a supervisión do profesor. Este traballo combinará unha parte individual e outra grupal. Ademáis da estructura e contido se avaliará a presentación do traballo ou proxecto.
O traballo inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción e presentación, manexo das TIC e a Plataforma TEMA. A presentación final dos traballos faraa cada grupo diante de todos os demáis grupos en horario reservado para as últimas sesións maxistrais, cando está reunido o gran grupo, e farase avaliación e coevaluacións desas presentacións.
30
Presentacións/exposicións A avaliación das exposicións súmase aos traballos tutelados, dos que forma parte, e terase en conta a relevancia dos contidos tratados, a coherencia, claridade e atractivo da exposición 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación Alumnado Non Presencial que non poida seguir actividades de aula de xeito regular : criterios similares aos da modalidade presencial coa salvedade de que como non participan nas actividades prácticas de aula compensarán éstas con un traballo adicional práctico ademáis do teórico. A súa avaliación basearase en: examen que combina preguntas de tipo test con preguntas curtas sobre material impreso vinculado con temario que se lle indicará oportunamente (40% máximo da calificación), un traballo teórico (30% máximo da calificación), un traballo práctico (30% máximo da calificación), ambos planificados previamente de acordo co profesor. Para facer a media dos traballos co exame haberá que ter aprobado éste.

  O alumnado de modalidade presencial que non alcance o 70% de asistencia nos controis que se fagan nas sesións teórico-prácticas, enténdese que pasaría á modalidade de tipo non presencial.

Segunda Convocatoria (Xullo): se conservarán para a Convocatoria de Xullo as calificacións das competencias e probas superadas en convocatorias previas,  examinándose o alumnado só das competencias e probas non superadas anteriormente.

Nota: a data oficial de exame do 1º Período/Cuatrimestre é o 17 de decembro de 2014, ás 10 h. (ver Taboleiro Titulación para saber aula).  A revisión de exames será o día 29 de xaneiro de 2015 no despacho do profesor, ás 10 h..

-A presentación final dos traballos grupais ante o Gran Grupo será o 4 e o 11 de decembro de 2014. Previamente se farán controis quincenais de seguimento e avaliación contínua desos traballos antes da presentación final.

Examen convocatoria de xullo: día 8, 10 h. Revisión: 16 de xullo, 10 h.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000