Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Recursos tecnolóxicos en educación social
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Recursos tecnolóxicos en educación social Código O05G130V01105
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Ricoy Lorenzo, María Carmen
Correo-e cricoy@uvigo.es
Profesorado
Ricoy Lorenzo, María Carmen
Web http://http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php
Descrición xeral A formación do educador/a social está orientada á educación non formal e informal en contextos diversos. De modo orientativo, os campos de traballo focalízanse nas áreas socioeducativa, sociocultural, orientación social, orientación sociolaboral, discapacidades, persoas adultas, maiores, interculturalidade, protección e promoción da muller, familia, menores, etc. A educación social ten por obxecto o desenvolvemento psicosocioeducativo dos cidadáns co fin de acadar, completar e ampliar a súa educación formal, necesidades e expectativas que presentan potenciando o desenvolvemento holístico ao longo da vida.

Á práctica educativa do educador/a social correspóndelle organizar, analizar, diagnosticar, deseñar, elaborar, planificar, desenvolver, asesorar e avaliar proxectos educativos. Ademais, debe colaborar con outros axentes socioeducativos, culturais e laborais, cos responsables de institucións e políticos na orientación de dinámicas que proporcionen oportunidades de desenvolvemento á cidadanía, así como embarcarse en accións de mediación e resolución de conflitos.

A materia de «Recursos Tecnolóxicos en Educación Social» do Grao en E. Social insírese na área de coñecemento de Didáctica e Organización Escolar e abrangue contidos de carácter teórico e práctico. A contribución teórico-práctica desta materia posibilita a adquisición de competencias transversais ou xenéricas e específicas de formación disciplinaria e profesional.

Esta materia adecúase ao perfil disciplinario e profesional da titulación de Educación Social porque a integración curricular e contextualizada das tecnoloxías da información e comunicación ofrece un potencial enriquecedor imprescindible na formación do seu alumnado. As competencias de formación disciplinaria e profesional dos estudantes están dirixidas a desenvolver as posibilidades das tecnoloxías da información e comunicación a nivel didáctico, organizativo, comunicativo, como materia obxecto de estudo en si mesma, de administración da xestión, de lecer como recurso de ocio, etc.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000