Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Metodoloxía de investigación socioeducativa
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Diagnóstico e análise de necesidades socioeducativas/O05G130V01303
Investigación-acción na práctica socioeducativa/O05G130V01903


 
Outros comentarios
A metodoloxía de ensinanza/aprendizaxe que se pretende aplicar ten como centro o alumnado e pon especial énfase na autonomía, responsabilidade, interese e capacidade de traballo para desenvolver unha autoaprendizaxe baseada no estudo e traballo autónomo, así como no traballo en equipo. Neste contexto, recoméndase empregar as plataformas e medios educativos virtuais como ferramentas de aprendizaxe propias do novo “terceiro medio” o cal, ademais de posibilitar unha docencia virtual a través de accións formativas programadas na rede e de facilitar o seguimento, control e avaliación en liña da aprendizaxe, proporciona unha ampla variedade de recursos como bibliotecas virtuais, libros virtuais, materiais dixitais, exercicios interactivos e teletitorías, razóns polas que o interese aumenta día a día. De aí que durante o curso se aproveiten as posibilidades educativas do portal web de FaiTIC e, en particular, o Programa Tema da Universidade de Vigo, co propósito de que os alumnos dispoñan dun novo espazo educativo como complemento virtual da docencia presencial. Este enfoque supón asumir por parte dos alumnos a responsabilidade sobre a súa propia aprendizaxe, de aí que teña especial relevancia o estudo e análise reflexiva autónoma e persoal dos contidos relevantes que se sinalen durante as actividades introdutorias. Por último, recoméndase a participación nas titorías e teletitorías, que constitúen, xunto coas TIC, a pedra angular dos novos enfoques centrados no estudante.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000