Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Metodoloxía de investigación socioeducativa
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Orientadas á presentación da materia e de cada un dos temas con indicación dos aspectos temáticos relevantes que requiren unha atención especial. Exposicións teóricas breves por parte do profesor dos contidos de maior relevancia e/ou dificultade. Proxección e comentario de materiais audiovisuais de carácter metodolóxico.
Resolución de problemas e/ou exercicios Formulación, análise, resolución e debate de problemas e exercicios teóricos/prácticos sobre aspectos do temario de especial relevancia e/ou dificultade.
Prácticas de laboratorio Aplicación dos coñecementos e procedementos adquiridos á resolución de casos, situacións, problemas e/ou exercicios prácticos. Estas actividades oriéntanse á realización na rede, impresión e posterior corrección dos procedementos programados nos 20 boletíns de prácticas. Ao comezar e finalizar cada boletín, cumprimentarase a ficha de seguimento e control da súa realización. Será necesaria a elaboración dunha memoria de prácticas que recolla os procedementos realizados ao longo do cuadrimestre con indicación das datas de comezo e de finalización de cada unha.
Traballos tutelados Realización en equipo dun traballo de investigación socioeducativa que implique unha planificación do proceso e a súa execución mediante a recollida, análise e interpretación dos datos, así como a elaboración dun informe con táboas, gráficos e estatísticas obtidos mediante o paquete estatístico SPSS para Windows e unha proposta de programa de intervención socioeducativa. As pautas e actuacións seguidas polo grupo na realización do traballo rexistraranse nun diario de grupo que, ademais, inclúa os tempos nos que se realiza cada tarefa.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Titoría en grupo Entrevistas que o alumno mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Tales exercicios estarán vinculados ao seu desenvolvementos con actividades autónomas do estudante.
Proxectos Realización de actividades que permiten a cooperación de varias materias e enfrontan aos alumnos, traballando en equipo, a problemas abertos. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de aprendizaxe en cooperación, de liderado, de organización, de comunicación e de fortalecemento das relacións persoais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000