Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Traballo de Fin de Grao
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Informe do titor/a académico sobre o traballo realizado polo estudante 30
Presentacións/exposicións Avaliación de presesentación escrita e defensa oral ante un tribunal. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

 A cualificación será a suma ponderada da cualificación do Tribunal (de 0 a 7 puntos) máis a valoración do titor/a (de 0 a 3 puntos). A valoración do Tribunal será a media aritmética das notas atribuídas por cada un dos seus membros.

O TFG debe ser un traballo persoal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras de outra autoría acreditarase explicitamente a súa procedencia.

Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo.

As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000