Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Aspectos didácticos e organizativos da educación especial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral A través desta metodoloxía farase a presentación dos temas loxicamente estruturados coa finalidade de facilitar información organizada seguindo criterios adecuados á finalidade dos mesmos. Consistirá na exposición verbal por parte do profesor dos contidos da organización escolar. Así mesmo, esta metodoloxía é propicia para a participación dos estudantes a través da formulación/contestación de preguntas, exposición de puntos de vista, etc. COMPUTA NA AVALIACIÓN CONTINUA.
Titoría en grupo A través delas o profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo, tanto
en aspectos relativos á materia ou ao proceso de aprendizaxe. COMPUTAN NA AVALICACION CONTINUA
Traballos de aula Nos traballos de aula os estudantes, de forma individual ou en grupos, realizarán proxectos
supervisados polo profesor. COMPUTAN NA AVALIACIÓN CONTINUA
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentarlle aos estudantes a materia: competencias, contidos,
planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000