Probas de tipo test |
Proba tipo test sobre contidos teóricos da materia. Cando o profesorado estímeo oportuno, o exame escrito poderá ser complementado cun exame oral. |
30 |
Será necesario asistir polo menos a un 80% das sesións presenciais para ser avaliados a través das referidas ponderacións. Para superar a materia é necesario ter unha puntuación mínima na teoría (1,5 puntos) e na práctica (3,5 puntos). En caso de superar unha das partes da materia (teórica ou práctica), conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo. Cando a algún estudante non se lle poida cualificar a través da avaliación continua, este deberá realizar unha proba dos contidos teóricos da materia que pondera ata 3 puntos da nota final e outra dos contidos prácticos que pondera ata 7 puntos. Para superar a materia será preciso que obteña en cada unha das partes (teoría e práctica) un 50% da cualificación establecida para cada apartado, é dicir 1,5 puntos en contidos teóricos e 3,5 puntos en contidos prácticos. En caso de superar unha das partes da materia (teórica ou práctica), conservarase a súa cualificación ata a convocatoria de xullo.
Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou/) no menú "Datas exames".
|