Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Introdución ao feito relixioso e ao cristián
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
O alumno/a deberá entregar ao final do cuadrimestre un breve resumo dos diversos temas explicados en clase.
50
Traballos de aula
Os alumnos deberán entregar a unidade didáctica elaborada en grupo na aula
25
Presentacións/exposicións
Os alumnos deberán expoñer na aula, utilizando os recursos que estimen adecuados, a unidade didáctica elaborada y entregada previamente
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles/as alumnos/as que non poidan asistir regularmente a clase e, por tanto, non poidan seguir o sistema de avaliación continua exposto anteriormente, serán avaliados/as conforme ao seguinte sistema:

- Deberán elaborar individualmente unha unidade didáctica sobre un tema que lle indicará o profesor, que suporá o 25% da cualificación final.

- Deberán entregar un resumo dos temas que figuran no programa, que suporá o 50% da cualificación final.

- Na data prevista no calendario de exames deberán expor un dos temas que previamente resumiron, elixido por sorteo, que suporá o 25% da cualificación final.

Este mesmo sistema de avaliación aplicarase aos/as alumnos/as que non superen a materia e deban acudir á segunda convocatoria.

As datas  oficiais dos exames poden consultarse na web da Facultade, no espazo DATAS EXAMES

http://webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000