Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Idioma estranxeiro: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula O estudante desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesor. Pode estar vinculado o seu desenvolvemento con actividades autónomas do estudante. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma A participación activa e implicación na resolución de exercicios e actividades didácticas serán obxecto de avaliación continua. 10
Presentacións/exposicións Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto...Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse probas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Aqueles estudantes que, por causa xustificada, NON poidan ASISTIR regularmente, deberán presentarse a unha proba escrita e a unha proba oral en francés. Estas probas versarán sobre os contidos da asignatura e cada unha delas puntuará o 50% da nota final. 



Na convocatoria de xulio, únicamente se avaliarán as competencias ou actividades non superadas na convocatoria correspondente ao seu cuatrimestre. 

 Data do exame: Consultar a web da facultade (http://webs.uvigo.es/educacion-ou/) no menú "Datas exames".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000